Fonte: Flickr, Néstor Alonso |
Boas!
Desta vez vimos falar das dificultades que nos supuxo a creación do material didáctico: a WebQuest.
Nun principio, cando aínda estábamos debullando a idea de facer unha Webquest, aínda non sabíamos moi ben que ferramenta íamos usar para construír este proxecto. Unha vez que fixemos a tarefa da clase interactiva do 20 de abril, descubrimos o programa Ardora, que permite crear contidos educativos na web. Mirando as actividades que ofrece esta aplicación, vimos un titorial para crear unha Webquest que nos pareceu bastante sinxelo e cunha estrutura limpa (http://www.webardora.net/index_gal.htm).
Fonte: Flickr, Néstor Alonso |
Probando, probando fumos familiarizándonos con Ardora e conseguímolo. Esperamos que sexa doado para o noso público fedellar nesta actividade!
Por outra banda, outra das dificultades que nos atopamos foi a busca de imaxes. Ao escoller un tema que está directamente vinculado coa cultura galega, é complicado atopar ilustracións e personaxes mitolóxicas galegas. Isto pareceunos bastante importante porque o uso de personaxes ou imaxes relacionadas co tema a tratar na actividade fai que a cativada recorde mellor visualmente o que está a investigar. Coa busca de imaxes con licencias de Creative Commos (de forma que as puidéramos usar públicamente na wq e no blogue) tamén tivemos problemas, xa que moitas das que teñen estas licencias non tiñan moita calidade ou non se axustaban ao tema que estábamos buscando.
Malia todo, conseguimos solucionalo buscando en páxinas concretas de busca de imaxes como https://www.flickr.com/ e https://search.creativecommons.org/. Tardamos bastante tempo mais cremos que pagou a pena para o resultado final!
No hay comentarios:
Publicar un comentario